♥A partir del refrán: Quien te dio la Hiel, te dará la Miel,
me acuerdo de Celso Emilio en
SETEMBRO 1972, II
A Poesía debe ter como fin a verdade práctica
LAUTRÉAMONT
Perguntoume un literato,
¿qué poesía fas ti?
Eu non fago poesía,
faime a poesía a min.
Como son eu non o sei,
soio sei como non son.
Non son un poeta-ouxeto,
non son un poeta-sport,
non son un poeta-fámulo,
non son un poeta-mol
pra darlle gusto ós burgueses
que andan buscando o folclor.
Que cada poema sexa
un acontecimiento,
algo que está pasando
lonxe ou perto.
Unha canción,
un suceso,
un cartel,
un berro,
e tamén,
por que non,
un beixo.
O mundo do futuro
non nos pertece,
o mundo do pasado
no desván envellece.
O presente me ateño,
a poesía é un arma,
disparemos.